Tiempo de lectura: < 5 minutos

Como limpar unha praia sen facer una desfeita ambiental

Post modificado el 15 Marzo, 2022

Cada vez que se achega o verán moitos concelleiros municipais, ansiosos por agradar ao turista, din que hai que limpar a praia. Como non saben moi ben do que están a falar, chaman a unha empresa para que pase unha cribadora que extrae o verdadeiro lixo (plásticos, cabos, envases…), pero tamén as algas. Isto converte un ecosistema vivo, como é unha praia, nun simple contenedor de area estéril.

Beneficios das algas

As algas que chegan ás praias coas mareas sirven de alimento e refuxio a moitos invertebrados. Algúns deles protexidos pola lexislación ambiental, e todos cunha enorme importancia ecolóxica. Estes invertebrados son a comida das aves que viven nas praias ou que paran para descansar nas súas viaxes migratorias.

Ademais, as algas, unha vez degradadas, tamén proporcionan nutrientes á vexetación e fungos das dunas. As dunas, onde non foron destruídas por paseos marítimos e outras construcións, son hábitat de numerosas especies animais, vexetais e fungos.

Esquerda, polo de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) camuflado nunhas algas, algo moi común. Dereita, Morchella dunensis, para outros autores Morchella esculenta var. dunensis.

Entón, como se limpa unha praia?

Unha praia é un ecosistema vivo e as algas non son lixo senón un elemento imprescindible. Débese evitar a limpeza mecánica. As cribadoras eliminan o lixo pero tamén as valiosas algas. A ÚNICA LIMPEZA VERDADEIRAMENTE ECOLÓXICA E RESPECTUOSA CO MEDIO AMBIENTE É A MANUAL. Esta limpeza retira o lixo contaminante e respecta as algas e outros elementos naturais das praias como cunchas, paus e incluso as pedras.

Tamén é necesario educar aos usuarios/as das praias. Deben entender que están en plena natureza e que, do mesmo xeito que a ninguén se lle ocurriría sacar as follas do monte, non é lóxico esterilizar as praias.

Arriba: limpeza con cribadora, que destrúe a vida na praia. Abaixo, limpeza selectiva manual, a única verdadeiramente sustentábel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

linkedin facebook pinterest youtube rss twitter instagram facebook-blank rss-blank linkedin-blank pinterest youtube twitter instagram